Garantizamos a máxima calidade en cristais graduados monofocais e progresivos. Contamos con taller propio.
Traballamos con marcas de moda e incorporamos novos modelos en outubro e maio.
Escollemos uns 300 modelos novos cada temporada tendo en conta as últimas tendencias en marcas e estilos.
Diferentes fabricantes para diferentes necesidades ( miopía, presbicia…) Posibilidade de lentes de contacto de fabricación especial individualizada.
Para ollos secos e irritados e produtos de cosmética hipoalerxénica creada para persoas con ollos sensibles e usuarios de L.C.
Traballamos as solucións auditivas da coñecida marca danesa Oticon.
Tapóns de ruido personalizados, tapóns para baño personalizados e moldes auditivos.
Inclúe graduación, medida de tensión ocular e varias probas e tests. Tempo necesario 20 minutos.
Proba importante para detectar e seguir deformacións corneais e para adaptación de lentes de contacto. Tempo da proba 5 minutos.
Mide o espesor da córnea, é proba importante na valoración da tensión ocular. Tempo 5 minutos.
Detección e seguimento de glaucoma. Tempo da proba 5 minutos.
*O importe da revisión visual, adaptación de lentes de contacto e audiometrías será devolto en caso de facer algún encargo relacionado.
*Para compras (sen intereses):
A pagar en 3 meses
A pagar en ata 6 meses
A pagar en ata 12 meses
*Para outros importes e plazos, consúltenos directamente en A Gafa de Ribadavia.
Posibilidade de envíos nacionais de produtos cun coste de 3€. Consultar para envíos internacionais.